Movemento cultural e artístico que se desenvolveu en Europa durante os séculos XVI e XVII.Inclúe manifestacións artísticas como a literatura, pintura,escultura e arquitectura.
A monarquía española durante o s. XVII.-
Reinaron en España e os seus dominios a dinastía dos Habsburgo( Austrias).Estes foron os reis:
- Fillo de FelipeII, gobernou de forma autoritaria e limitou os privilexios forais que tiñan alguns territorios do reino:Aragón,Navarra,Cataluña e os señoríos vascos.
- Tivo como validos(persoas de confianza que gobernaban en nome do rei)ó duque de Lerma e ó duque de Osuna..
- Estableceu unhas treguas cos inimigos de España :Inglaterra , Holanda e os protestantes.
- Durante o seu reinado España participou na Guerra dos trinta anos entre católicos e protestantes no bando dos católicos xunto con Austria ,os alemáns católicos e o Papa.A guerra rematou coa paz de Westfalia na que España tivo que dar a independencia a Holanda.
- Centralizou o poder eliminando os foros dos distintos reinos, establecendo as leis de Castela en todos os territorios e aumentando os impostos o que fixo que Cataluña e Portugal se sublevasen. Cataluña foi dominada pero Portugal acadou a independencia do reino de España.
- Durante o seu reinado , houbo guerras con Francia que remataron con derrota e territorios en Frandes e o Rosellón e a Sardeña pasaron a pertencer a Francia.
- Mantivo catro guerras co rei francés Luís XIV das que España saiu claramente perxudicada.
- Non tivo herdeiros e á súa morte desmbocou nunha guerra pola coroa ( guerra de Sucesión )que rematou coa coroación de Filipe de Borbón, neto de Luís XIV ,co nome de Filipe V . Comeza a dinastía dos Borbóns.
Galiza nos s. XVI e XVII
- Galiza loita pola recuperación do voto nas Cortes de Castela, perdido no s.XV. ,pero no o conseguiron.
- FelipeIII concedou unha escuadra de barcos para defender as costas e a representación da Xunta do Reino de Galiza sería exercido polas 7 cidades galegas polo sistema de rotación.
- En 1617 , os piratas turcos asaltaron Cangas do Morrazo , destruíndo a maior parte da vila. Homes e mulleres , defenderon Cangas destacando María Soliño símbolo da resistencia.Máis adiante ela e outras mulleres foron acusadas de bruxería pola Inquisición.
- En 1639 os franceses atacaron o porto de A Coruña co gallo de destruír a armada española que ía para Frandes. O ataque foi rexeitado a armada continuou viaxe pero foi derrotada polos holandeses no Canal da Mancha.
- En 1702, durante a Guerra de Sucesión , unha escuadra anglo – holandesa entrou na ría de Vigo para apoderarse de mercadorías e metais preciosos que traía a escadra española de América. Despois da batalla moitos barcos foron fundidos e incendiados.( batalla de Rande)
- Prodúcese un auxe da fidalguía ( baixa nobreza) debido a que a alta nobreza se marchou de Galiza.Vivían en pazos e tiñan terras que traballaban campesiños polas que recibían foros( rendas ).
Francia no s.XVII e XVIII
- Estivo marcado polo reinado de Luís XIV ( rei sol ) porque decía que o estado era el e todo o que había tiña que xirar en torno a el.
- Devidiu o territorio francés en rexións , gobernadas por un intendente que se encargaba de vixíar as ordes do rei.
- Participou na guerra de Sucesión en España (s. XVIII )para apoiar ó seu neto Filipe de Borbón que acabaría reinando en España e as súas colonias.España perdería os Países Baixos,Milán, Nápoles, Xibraltar e Menorca( esta última xa recuperada).
Inglaterra no século XVII e XVIII
- Limitouse o poder dos monarcas( dinastía dos Estuardo ) por parte do parlamento o que creo enfrontamentos entre os partidarios do poder absoluto do rei e os partidarios do parlamento.
- Guerra civil entre os partidarios do parlamento e os partidarios do rei Carlos I Estuardo que remata coa abolición da monarquía e a execución do rei.
- Rebelión dos protestantes escoceses contra a imposición da relixión oficial.
- No s.XVII establécese a República na que actuou como personaxe destacado Oliverio Cromwel.
- Despois de varios intentos por parte de Carlos II e Xacobe II de instaurar a monarquía , o catolicismo e o poder absoluto fallidos , faría que o triunfo do parlamento sería decisivo.
Revolución científica
- Chámase así ó conxunto de imnovacións e descubrimentos do s.XVII , aplicado ás ciencias ,astronomía e física.
- Estes novos descubrimentos foron aceptados moi ben entre as minorías cultas e mal entre a maioría da xente ,que era analfabeta e acostumbrada ás tradicións e ós dogmas da igrexa cristiá.
- Destacan:
Isaac Newton
|
Teoría da relatividade
|
Galileo Galilei
|
Telescopio perfeccionado
|
Nieper
|
Tabla de logaritmos
|
Torricelli
|
Barómetro de mercurio
|
Huygens
|
Reloxo de péndulo
|
Pascal
|
Máquina calculadora
|
Perignón
|
Champán
|
Galileo
|
Lei do movemento uniformemente acelerado
|
Jansen
|
Microscopio
|
Leeuwen Hoek
|
Espermatozoides
|
Arte barroca
Características:
- Formas irregulares en todas as manifestacións artísticas.
- Composicións en diagonais ou en aspas.
- Realismo e gusto por representar seres populares.
- Predominio da luz sobre a forma e da cor sobre o debuxo.
- Contraste de luz e de sombras.
- Profusión decorativa.
Fachada Praza Maior de Salamanca |
- Arquitectura
- Columnas de fuste en espiral con decoración vexetal.
- As plantas das igrexas a veces teñen formas irregulares,elípticas ou ovais.
- As fachadas teñen elementos decorativos , molduras nas portas e fiestras.
- Arquitectos destacados: en Italia: Bernini ; En España :Churriguera e Pedro Ribera
A Piedade - Gregorio Fernández |
- Escultura
- As esculturas están tratadas cun gran naturalismo e un forte dramatismo no rostro.
- Os materiais máis empregados foron o mármore e bronce e en España madeira pintada en varias cores.
Nenos comendo melón e uvas - Esteban Murillo |
Pintura
- Na pintura destaca o contraste entre as sombras e as luces.
- Predominio da cor sobre o debuxo.
- Tratamento naturalista das figuras , non se renucia á fealdade . Abundan os bodegóns.
- Os personaxes transmiten sentimentos , tanto nos temas relixiosos coma nos profanos.
- Pintores destacados:en Italia:Caravaggio ; nos Paises Baixos :Rembrant e Rubens e en España : Velázquez , Murillo , Zurbarán e Ribera.
O Barroco en Galiza
- O gran centro artístico foi Santiago onde destacan :o altar maior da Catedral , o retablo de San Martiño Pinario e a fachada do Obradoiro.
- Destacan numerosos pazos espallados pola zona rural , especialmente os seus campanarios e as súas fachadas.
- Arquitectos máis importantes:Domingos de Andrade,Fernando de Casas e Novoa e Simón Rodríguez.