Mostrando entradas con la etiqueta Irmandiños. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Irmandiños. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de septiembre de 2012

A PENÍNSULA IBÉRICA E GALIZA DURANTE A IDADE MEDIA

A PENÍNSULA IBÉRICA……………………………………….
Conquista e ocupación.-
No ano 711 tropas musulmás procedentes do Norte de África atravesaron o Estreito de Gibraltar e tras derrotar ó exército visigodo na batalla de Guadalete , iniciaron a conquista da Península que durou pouco máis de 10 anos debido á escasa resistencia da nobreza visigoda enfrontada entre eles,e moitos deses nobres preferiron pactar cos musulmáns e pagar uns impostos.( ver mapa páx 54)



Al- Ándalus.-
Os musulmáns chamaron á Península Ibérica con ese nome e instalaron en Córdoba a súa capital.En principio estivo gobernada por un emir ( príncipe ou soberano ) dependente do Califa de Damasco ( xefe supremo do Islam) , pero no ano 756 Abd al-Rahmán I ,fíxose co poder en Córdoba e declarou a independencia de Bagdad e fundou o Emirato de Córdoba pero máis tarde Abd al-Rahmán III , fundou o Califato de Córdoba.


Decadencia de Al Andalus.-



A presión ejercida polos cristiáns xunto coas divisións entre os propios musulmáns que provocaron a división do Califato en pequenos reinos chamados taifas , que loitaron entre si para expadir o seu territorio e dominar ós outros, fixo que no ano 1492 os cristiáns conquistasen o derradeiro reino de taifas, o reino de Granada.
Economía en Al-Ándalus .-
Produción artesanal: elaboración de alfombras,traballos en coiro,cerámica, textiles ,…
Actividades agrarias: introduciron novos cultivos como o arroz, as laranxas, potenciaron os regadíos con novas técnicas.
Intercambios comerciais: potenciaron os mercados e as rutas con Oriente que comunicaban todo o mundo musulmán.
Abundancia de moedas : de ouro e plata , que facilitaban os intercambios.
Desenvolvemento das cidades : que actuaban como centros comerciais, políticos e administrativos.Eran amuralladas,no centro ou medina,atópabase o zoco ou mercado , a mesquita e o alcázar militar e fóra estaban os arrabaldes.Destacaba a cidade de Córdoba.
Cultura en Al-Ándalus.-
· Na súa cultura mesturaron elementos propios e doutras civilizacións, trduciron obras de numerosos pensadores orientais e gregos.
· Cultivaron ciencias como astronomía, xeografía,matemáticas e medicina , na que destacou Avicena.
· Destaca a arquitectura .Mentres que no exterior a decoración e moi sinxela, no interior é moi rica con mosaicos , figuras xeométricas,vexetais, inscricións en árabe , arcos de ferradura xunto cos de medio punto.Destacan a mesquita de Córdoba e a Alhambra de Granada.( ver páx 57)
Alhambra de Granada Mesquita de Córdoba

A reconquista.O avance cristián.-
Os reinos e condados cristiáns trataron de recuperar as terras dominadas polos musulmáns e que antes pertenceran á monarquía visigoda , este proceso chámase Reconquista.Pasou por diferentes fases:
Desde o s.VIII ó X, o reino de Asturias ampliou o seu territorio e trasladou a súa capital de Oviedo a León , no seu interior xurdiron zonas diferenciadas como o reino de Galiza, que se mantivo independente pouco tempo, e os condados de Castela e León.
Entre os séculos XI e XIII, o condado de Castela transformouse no reino de Castela , que ampliará os seus dominios sobre os reinos de Asturias , León e Galiza.
Durante o s.XII , o condado de Aragón deu lugar ó reino de Aragón e incorpora os territorios de Cataluña e Valencia . Aparece tamén o reino de Portugal.
No 1492(s.XV) ,os casteláns conquistan o reino de Granada , último reino musulmán, dando fín á Reconquista. (ver páx 59)
Repoblación do territorio
Durante a Reconquista tivo lugar a repoblación de terras abandonadas polos musulmáns por parte dos cristiáns.
Durante os s.VIII ó X ,o rei autorizaba a particulares a establecerse nun determinado territorio que pasaba a ser propiedade de quen os cultivase e ocupase mediante unhas cartas de poboamento .Os mais beneficiados foron os nobres e os monxes que fundaban mosteiros.
Durante os s.XI ó XIII , foron os propios reis que trataron de atraer población concedendo privilexios ós pobladores a cambio de cumplir determinadas obrigacións e de defender as terras e ás súas poboacións( foros ).
Durante o s.XIII, os monarcas repartiron grandes extensións de terras entre os mosteiros e os nobres para que as poblasen e defendesen.
Entre o s. XIII e XV, os reis de Aragón realizaron campañas de conquista de territorios a través do Mar Mediterráneo. Chegaron a conquistar :Illas Baleares,Sicilia,Sardeña,Malta e crearon o reino de Nápoles.
Desenvolvemento rural e urbano .-
Ata o século XI, a actividade predominante era a agricultura e o desenvolvemento comercial e urbano era moi baixo.
No s.XII,gracias ós progresos técnicos, mellora das ferramentas, muíños de auga e de vento,..tiveron importancia os cultivos destinados ó comercio e tamén a gandería , especialmente a ovella en Castela, que estaba regulada polo Consello da Mesta da que formaban parte os grandes propietarios.
A partir do s.XII,tivo lugar a revitalización das vellas cidades romanas e ademais creáronse cidades novas , debido á mellora do comercio, ó desenvolvemento das manufacturas textiles,nas costeiras : a salgadura de peixe, construcción naval…
Tamén tivo importancia as actividades artesanais agrupadas en gremios , e tamén a aparición da moeda como obxecto de troco por mercancías.
GALIZA NA IDADE MEDIA…………………………………
Desde os inicios da Reconquista , Galiza estivo vinculada ó reino de Asturias,aínda que en algúns períodos dos s.X e XI, foi un reino independente , posteriormente quedou integrado no reino de Castela.
Os musulmáns en Galiza.-
A presencia de musulmáns en Galiza foi escasa.Os exércitos musulmáns realizaron varias incursións en Galiza durante os séculos VIII ó IX, coa finalidade de destruír zonas fortificadas, aínda que foron moi esporádicas. A mais significativa foi no 997 contra Santiago de Compostela , dirixida por Almanzor que destruiu parte da igrexa de Santiago e obrigou ós cristiáns a trasladar as campás a Córdoba en sinal de victoria.
Outras invasións.-
Durante os s.IX e X, os normandos e os viquingos procedentes do Norte de Europa , saquearon e invadiron varias poboacións sobre todo costeiras.O bispo de Compostela mandou levantar fortalezas costeiras para defenderse.Quedan restos en Catoira ( Pontevedra) como as Torres do Oeste ( ver páx 66)
O reino de Galiza.-
As terras galegas ,pertenceron ó reino de Asturias desde o s.VIII ó XI , aínda que se chamaba Galiza e ía desde o río Mondego e Douro ata o Cantábrico.
No s.X , o reino de Galiza foi otorgado en herdanza por Afonso III ó seu fillo Ordoño II e por algúns espazos de tempo foi independente.
As terras entre o Mondego e o Miño foron denominadas co termo de Portugal e no s.XII , Afonso Henríquez foi proclamado polo rei de Castela rei de Portugal , esta separación fixo que Galiza quedase reducida o territorio actual.
Sociedade galega.-
Os nobres laicos; pertencentes a fortes e poderosas familias , que exercían o control político e social do territorio.Conseguiron formar grandes territorios grazas ás doazóns dos reis como pago ós servizos prestados.Repoboaron o territorio e defendérono das ameazas de musulmáns e normandos.
Os señores eclesiásticos;moitos vivían en mosteiros, que acumularon inmensas riquezas sobretodo terras procedentes de doazóns de fieis e de concesión dos reis.Outros formados polos cregos párrocos ,coengos e bispos.
Labregos;que traballaban terras arrendadas polos nobres laicos e polos señores eclesiásticos.Este arrendo facíase mediante os foros ou contratos de longa duración polo que os nobres cedían a terra para que a traballasen a cambio de que a cuidasen e pagasen una renda anual en especies.
Os burgueses;vivían nas vilas e ciudades e dedicábanse ó comercio e á artesanía.Tiveron importancia ciudades como:Santiago, Betanzos, Ourense, Mondoñedo,Lugo,…
Feitos importantes na Idade Media.-
Fame e peste;Penetrou na Galiza durante o S.XIV. as víctimas foron moitas, numerosos lugares quedaron despoboados e os campesinos tiveron dificultades para pagas as rendas e os señores viron reducidos os seus ingresos.
Guerras dinásticas; no s.XIV , Galiza foi escenario de guerras entre o rei de Castela ( Henrique de Trastamara) e Fernando de Portugal , que reclamaba o reino de Castela.Os nobres galegos apoiaron ó rei castelán , que foi vencedor ,e concedeulles concesión de terras e previlexios.
Revoltas sociais;producíronse polo aumento das rendas dos señores feudais sobre os campesinos , que fixo que estes se sublevasen dando lugar á revolta irmandiña, que iniciou no s.XV ( 1431) dirixida por Roi Xordo que logrou destruír varias fortalezas e castelos , pero finalmente os nobres lograron derrotalos e restablecer o orde.
Máis adiante ( 1467 – 1469) , tivo lugar a gran guerra irmandiña dirixida por Pedro Osorio, Alonso de Lanzós e Diego de Lemos que destruiron máis de 170 fortalezas e conseguiron ó principio imponer as súas demandas , pero os nobres reorganizáronse e dirixidos por Pedro Álvarez de Soutomaior ( Pedro Madruga), recuperaron os territorios e someteron ós irmandiños.
No s. IX e no reinado de Afonso II de Asturias descúbrese a suposta tumba do apóstolo Santiago o que fai que se constrúa una igrexa que máis tarde sería catedral e Santiago queda como un dos centros de peregrinación do mundo cristián.Un dos bispos que máis contribuiu á potenciar a cidade foi Diego Xelmírez ( s.XII ).Neste mesmo século concédeselle á Santiago o privilexio do Ano Santo que coíncidirá sempre que o día de Santiago ( 25 de xullo) sexa domingo.