jueves, 4 de octubre de 2012

A POBOACIÓN




Poboación .- É o conxunto de persoas que viven nun determinado territorio . Para coñecer o número de habitantes , fanse recontos de poboación cada certo tempo chamados censos de poboación , no Estado Español fanse cada 10 anos . Tamén se utilizan os padróns municipais , que son actualizacións automáticas do censo .
Actualmente a poboación mundial alcanza os 7000 millóns de habitantes , foi medrando desde a aparición do home na terra debido , entre outras cousas , a mellora das condicións de vida da humanidade . Así hai 5000 anos había 100 millóns , hai 2000 anos había 250 millóns , hai 200 anos 900 millóns , hai 100 anos 1600 millóns , hai 50 2500 millóns ,...
Distribución da poboación mundial .- A poboación está desigualmente repartida :
- As zonas frías e desérticas da Terra están pouco poboadas debido a que os recursos para vivir son máis escasos .
- As zonas cálidas e temperadas da Terra teñen a maior densidade de poboación .
- En Asia atópanse as maiores concentracións de poboación seguido de Europa Occidental e a costa atlántica de EE.UU .
- Nos últimos anos as maiores concentracións de poboación localízanse nas cidades que están a ter un forte crecemento . Hai cidades que alcanzaron poboación superior ós 10.000.000 de habitantes ( Novo México – México , Os Anxos e Nova Iorque – EE.UU . ,Pequín e Shangai – China , Delhi e Bombai – India ,.........)
Factores que explican a distribución de poboación .-
- Factores físicos : a densidade de poboación é superior nas zonas costeiras e en zonas pouco montañosas e en climas cálidos e temperados e é inferior nas zonas frías e desérticas e nas zonas montañosas .
- Factores humanos : a densidade de poboación é superior en zonas industrializadas debido ás maiores posibilidades de traballo que en zonas deprimidas e pouco estables
Natalidade , mortalidade e migracións .-
- Nos países avanzados, ( Europa , EE.UU , Australia ,...) teñen baixa natalidade debido a que hai unha planificación familiar das parellas e tamén pola incorporación dos dous membros ó mundo do traballo .
- Os países avanzados teñen baixa mortalidade por mor dos bos sistemas sanitarios e da boa alimentación , aínda que cada vez vai aumentando debido ó envellecemento da poboación .A taxa de mortalidade infantil é baixa e a esperanza de vida é alta ( 70 – 75 anos )
- Os países subdesenvolvidos , teñen unha alta natalidade debido a que non hai ningún tipo de planificación familiar e tamén por razóns culturais e relixiosas .
- Os países subdesenvolvidos , teñen unha alta mortalidade debido á mala alimentación , enfermidades e guerras . A esperanza de vida é baixa ( 40 – 50 anos ) e a taxa de mortalidade infantil é alta .
Composición da poboación .-
- Por sexo e por idade : represéntase nunha pirámide de poboación que nos expresa o número de homes , de mulleres e número de persoas existentes con respecto á idade .
- Con respecto ó traballo : persoas en idade de traballar incluídos os parados ( poboación activa ) e persoas que non traballan como estudiantes , nenos e xubilados ( poboación pasiva ).
Dentro da poboación activa , persoas dedicadas ó sector primario ( agricultura , pesca , minería ...) , ó sector secundario ( industria , construcción ...) e sector terciario ( transportes , comercio , sanidade , educación ,...)
A POBOACIÓN NO ESTADO ESPAÑOL
-A poboación absoluta é de 46 millóns de habitantes aproximadamente
- A densidade de poboación é de 80 h/qm2
- As zonas máis poboadas son a franxa costeira e Madrid e as menos poboadas o interior da provincia .
- A taxa de natalidade está nun 9 o/oo e a de mortalidade tamén nun 9º/oo
- Na actualidade é un país que recibe inmigración de África , América do Centro e América do Sur e do leste de Europa .
- A poboación tende a envellecerse .
- A maior parte da poboación activa dedícase ó sector secundario e terciario , propio dos países desenvolvidos .
A POBOACIÓN EN GALICIA
- A poboación absoluta é de 2.700.000 h. aproximadamente .
- A densidade de poboación é de 92,5 h/qm2
- As zonas máis poboadas corresponden á franxa costeira e as menos poboadas corresponden ó interior e a parte oriental .
- A taxa de natalidade sitúase nun 7º/oo aproximadamente e a de mortalidade nun 10º/oo
- A poboación galega é unha poboación envellecida .
- A maior parte da poboación activa dedícase ó sector terciario , aínda que o sector primario ten máis importancia que no resto do Estado.
- Na actualidade Galicia recibe inmigrantes procedentes de América do Sur e de África .

CONCEPTOS

Censo de poboación .- É o reconto do número de persoas dun país .

Padrón municipal .- É o número de persoas que viven nun concello. Actualízase continuamente.

Densidade de poboación .- É o número de habitantes dividido entre os quilómetros cadrados que ten o país . Exemplo : Se un país ten 100.000 habitantes e ten 10.000 Kms2 para saber a súa densidade dividimos , 100.000:10.000= 10 h/Kms2.

Taxa de natalidade .- É o número de nacidos por cada mil habitantes. Exemplo: Nun país de 5.000.000 de habitantes nacen ó ano 10.000 a taxa de natalidade será : 10.000.1000=10.000.000
10.000.000 :5.000.000= 2 0/00(2 por mil)

Taxa de mortalidade .- É o número de mortos por cada mil habitantes . Exemplo : Nun país de 5.000.000 de habitantes morren cada ano 5000 , a taxa de mortalidade será : 5000 . 1000 = 5.000.000 :5.000.000 = 1 0/00 ( 1 por mil).

Crecemento natural .- É a diferencia entre a taxa de natalidade e a taxa de mortalidade .

Espranza de vida .- É a media de idade anual á que morre a xente nun país . Exemplo : Galicia ten unha espranza de vida de 79 anos .

Migración .- Cando a xente polas guerras,falta de traballo ,probeza ou por outras causas vai dun lugar a outro.


Emigrantes .- Son aqueles que se marchan a outro país. Exemplo : Cando un galego vai traballar a outro país .

Inmigrante .- Son aqueles que veñen doutro país . Exemplo : Cando un africano vén para Galicia


Racismo .- Aversión e xenreira á outras razas distintas .
Xenofobia .- Xenreira cara ós estranxeiros e os seus costumes .