martes, 4 de junio de 2013

O BARROCO


Movemento cultural e artístico que se desenvolveu en Europa durante os séculos XVI e XVII.Inclúe manifestacións artísticas como a literatura, pintura,escultura e arquitectura.
A monarquía española durante o s. XVII.-
Reinaron en España e os seus dominios a dinastía dos Habsburgo( Austrias).Estes foron os reis:
  • Fillo de FelipeII, gobernou de forma autoritaria e limitou os privilexios forais que tiñan alguns territorios do reino:Aragón,Navarra,Cataluña e os señoríos vascos.
  • Tivo como validos(persoas de confianza que gobernaban en nome do rei)ó duque de Lerma e ó duque de Osuna..
  • Estableceu unhas treguas cos inimigos de España :Inglaterra , Holanda e os protestantes.
  • Durante o seu reinado España participou na Guerra dos trinta anos entre católicos e protestantes no bando dos católicos xunto con Austria ,os alemáns católicos e o Papa.A guerra rematou coa paz de Westfalia na que España tivo que dar a independencia a Holanda.
  • Fillo do anterior , tivo como valido ó Conde Duque de Olivares.
  • Centralizou o poder eliminando os foros dos distintos reinos, establecendo as leis de Castela en todos os territorios e aumentando os impostos o que fixo que Cataluña e Portugal se sublevasen. Cataluña foi dominada pero Portugal acadou a independencia do reino de España.
  • Durante o seu reinado , houbo guerras con Francia que remataron con derrota e territorios en Frandes e o Rosellón e a Sardeña pasaron a pertencer a Francia.



  • De carácter enfermizo , o seu reinado foi exercido por súa nai Mariana de Austria
  • Mantivo catro guerras co rei francés Luís XIV das que España saiu claramente perxudicada.
  • Non tivo herdeiros e á súa morte desmbocou nunha guerra pola coroa ( guerra de Sucesión )que rematou coa coroación de Filipe de Borbón, neto de Luís XIV ,co nome de Filipe V . Comeza a dinastía dos Borbóns.
Galiza nos s. XVI e XVII
  • Galiza loita pola recuperación do voto nas Cortes de Castela, perdido no s.XV. ,pero no o conseguiron.
  • FelipeIII concedou unha escuadra de barcos para defender as costas e a representación da Xunta do Reino de Galiza sería exercido polas 7 cidades galegas polo sistema de rotación.
  • En 1617 , os piratas turcos asaltaron Cangas do Morrazo , destruíndo a maior parte da vila. Homes e mulleres , defenderon Cangas destacando María Soliño símbolo da resistencia.Máis adiante ela e outras mulleres foron acusadas de bruxería pola Inquisición.
  • En 1639 os franceses atacaron o porto de A Coruña co gallo de destruír a armada española que ía para Frandes. O ataque foi rexeitado a armada continuou viaxe pero foi derrotada polos holandeses no Canal da Mancha.
  • En 1702, durante a Guerra de Sucesión , unha escuadra anglo – holandesa entrou na ría de Vigo para apoderarse de mercadorías e metais preciosos que traía a escadra española de América. Despois da batalla moitos barcos foron fundidos e incendiados.( batalla de Rande)
  • Prodúcese un auxe da fidalguía ( baixa nobreza) debido a que a alta nobreza se marchou de Galiza.Vivían en pazos e tiñan terras que traballaban campesiños polas que recibían foros( rendas ).
  • Constrúense a praza da Quintana e do Obradoiro en Santiago e a fachada do Obradoiro, símbolo do barroco galego.
    Praza da Quintana
Francia no s.XVII e XVIII
  • Estivo marcado polo reinado de Luís XIV ( rei sol ) porque decía que o estado era el e todo o que había tiña que xirar en torno a el.
  • Devidiu o territorio francés en rexións , gobernadas por un intendente que se encargaba de vixíar as ordes do rei.
  • Participou na guerra de Sucesión en España (s. XVIII )para apoiar ó seu neto Filipe de Borbón que acabaría reinando en España e as súas colonias.España perdería os Países Baixos,Milán, Nápoles, Xibraltar e Menorca( esta última xa recuperada).
 Inglaterra no século XVII e XVIII
  • Limitouse o poder dos monarcas( dinastía dos Estuardo ) por parte do parlamento o que creo enfrontamentos entre os partidarios do poder absoluto do rei e os partidarios do parlamento.
  • Guerra civil entre os partidarios do parlamento e os partidarios do rei Carlos I Estuardo que remata coa abolición da monarquía e a execución do rei.
  • Rebelión dos protestantes escoceses contra a imposición da relixión oficial.
  • No s.XVII establécese a República na que actuou como personaxe destacado Oliverio Cromwel.
  • Despois de varios intentos por parte de Carlos II e Xacobe II de instaurar a monarquía , o catolicismo e o poder absoluto fallidos , faría que o triunfo do parlamento sería decisivo.
Revolución científica
  • Chámase así ó conxunto de imnovacións e descubrimentos do s.XVII , aplicado ás ciencias ,astronomía e física.
  • Estes novos descubrimentos foron aceptados moi ben entre as minorías cultas e mal entre a maioría da xente ,que era analfabeta e acostumbrada ás tradicións e ós dogmas da igrexa cristiá.
  • Destacan:
Isaac Newton
Teoría da relatividade
Galileo Galilei
Telescopio perfeccionado
Nieper
Tabla de logaritmos
Torricelli
Barómetro de mercurio
Huygens
Reloxo de péndulo
Pascal
Máquina calculadora
Perignón
Champán
Galileo
Lei do movemento uniformemente acelerado
Jansen
Microscopio
Leeuwen Hoek
Espermatozoides


Arte barroca
Características:
  • Formas irregulares en todas as manifestacións artísticas.
  • Composicións en diagonais ou en aspas.
  • Realismo e gusto por representar seres populares.
  • Predominio da luz sobre a forma e da cor sobre o debuxo.
  • Contraste de luz e de sombras.
  • Profusión decorativa.
Fachada Praza Maior de Salamanca
  • Arquitectura
  • Columnas de fuste en espiral con decoración vexetal.
  • As plantas das igrexas a veces teñen formas irregulares,elípticas ou ovais.
  • As fachadas teñen elementos decorativos , molduras nas portas e fiestras.
  • Arquitectos destacados: en Italia: Bernini ; En España :Churriguera e Pedro Ribera
A Piedade - Gregorio Fernández
  • Escultura
  • As esculturas están tratadas cun gran naturalismo e un forte dramatismo no rostro.
  • Os materiais máis empregados foron o mármore e bronce e en España madeira pintada en varias cores.
  • Escultores destacados: en Italia: Bernini ; en España:Martínez Montañés,Alonso Cano,Gregorio Fernández ,...


Nenos comendo melón e uvas - Esteban Murillo

     Pintura

  • Na pintura destaca o contraste entre as sombras e as luces.
  • Predominio da cor sobre o debuxo.
  • Tratamento naturalista das figuras , non se renucia á fealdade . Abundan os bodegóns.
  • Os personaxes transmiten sentimentos , tanto nos temas relixiosos coma nos profanos.
  • Pintores destacados:en Italia:Caravaggio ; nos Paises Baixos :Rembrant e Rubens e en España : Velázquez , Murillo , Zurbarán e Ribera.
O Barroco en Galiza
  • O gran centro artístico foi Santiago onde destacan :o altar maior da Catedral , o retablo de San Martiño Pinario e a fachada do Obradoiro.
  • Destacan numerosos pazos espallados pola zona rural , especialmente os seus campanarios e as súas fachadas.
  • Arquitectos máis importantes:Domingos de Andrade,Fernando de Casas e Novoa e Simón Rodríguez.
  • Escultores: Francisco de Moure e Xosé Gambino
    Retablo de San Martín Pinario - Santiago Compost.