jueves, 13 de septiembre de 2012

A IDADE MEDIA



Reinos de Europa .-
Europa estaba dividida en distintos reinos , que eran todos cristiáns , agás a metade sur da Península ibérica que estaba dominada polos musulmáns . Os principais reinos eran :
· Na parte norte predominaron os reinos normandos .
· No centro de Europa estendíase o reino Xermánico e o reino de Francia .
· Polo leste de Europa os pobos eslavos , entre o mar Báltico e o mar Negro .
· Plolo sur, na Península Ibérica , a metade norte os reinos cristiáns descendentes dos visigodos e a metade sur o reino musulmán do Califato de Córdoba .
As cidades na Idade Media .-
Durante a Idade Media a maior parte da poboación vivía no campo , aínda que a partir do s.IX comezaron as cidades a medrar . A maior parte da súa poboación dedicábase ó comercio e ó artesanado e as cidades medraron á beira dunha catedral ou dun porto comercial a maioría tiñan entre 20.000 e 30.000 habitantes , so algunhas alcanzaban os 100.000 ( París , Londres , Venecia ou Granada )
Características das cidades .-
· A maior parte delas estaban amuralladas . Cando eran atacadas os cidadáns pechaban as portas e defendíanse desde dentro .
· As rúas eran estreitas e xeralmente non eran rectas ,eran silenciosas , por elas circulaban persoas , persoas a cabalo e carros .
· Tiñan unha praza onde se celebraban : feiras , mercados ,execucións públicas ,...
· Nas feiras , os campesiños vendían os productos do campo e mercaban ferramentas ,tecidos,... que vendían os artesáns ou que foran traídos doutros lugares . Aparte había xente pedindo esmola , cegos cantando coplas , xente que divertía ós nenos ,...
· En cada rúa vivían os artesáns do mesmo oficio en casas xeralmente de dúas plantas , na parte de arriba estaba a vivenda e na de abaixo o obradoiro onde traballaban . Agrupábanse en gremios e as rúas levaban o nome da profesión : rúa dos tinteiros , zapateiros , canteiros , albardeiros ,...
· O edificio que destacaba era a igrexa ou a catedral . Tiñan campás que se dedicaban para avisar dos oficios relixiosos ,perigos , actos importantes,....
Comercio e expedicións .-
A partir do s.XI aumentou o comercio ó longo do Mediterráneo co reino de Bizancio e co Islam , sobre todo o de sedas , especias , algodón , ...Destacan as expedicións feitas polo veneciano Marco Polo , traendo sedas , especies e outro tipo de tecidos de Oriente e pasando longas tempadas cos mongois que ocupaban case todo Asia . Gracias a el descubríronse novas rotas comerciais e coñeceuse máis da vida dos mongois ( “ As viaxes de Marco Polo”) . Destacaban as cidades de Venecia , Xénova , Pisa ,... como centros comerciais no Mediterráneo .
No norte destacaron cidades como , Hamburgo , Colonia e Bruxas no comercio de madeira ,tecidos e escravos
As peregrinacións foi outro medio de relación , destacando as peregrinación á Santiago de Compostela ( tumba de Santiago ) , a Roma ( Igrexa de S. Pedro ) e a Xerusalén ( Santos Lugares )
As cruzadas , que eran expedicións militares de cabaleiros organizadas polo Papa e algúns reinos cristiáns co fin de liberar os Santos Lugares do dominio turco . Chamábanse así porque os cabaleiros levaban unha cruz no peito .
Houbo tres cruzadas con regulares resultados ,xa que aínda
que lles reconquistaron territorios ós turcos non se recuperaron os Santos Lugares ó ser derrotados os cruzados polo kurdo Saladino .
A muller na Idade Media .-
Na Idade Media a muller era considerada de condición inferior ó home , polo tanto non ocupaban cargos públicos , a súa función era a de criar os fillos , atender á casa , axudarlle ó home nas labores de fóra da casa e facer traballos como fiar e tecer.
Fame peste e guerra .-
Ó longo do s.XIV tiveron lugar tres feitos que marcaron a Idade Media :
- A peste ; tivo a súa orixe en Asia e estendeuse por todo Europa a través dos barcos. En cinco anos morreron máis de 20.000.000 de persoas , deixando as cidades asoladas e aumentando a superstición e a fe relixiosa porque pensaban que era un castigo divino.
- A fame ;orixinouse debido ás distintas condicións meteorolóxicas , as guerra e á peste , xa que non había xente que traballase as terras .
- A Guerra dos Cen Anos ; entre Francia e Inglaterra , que creou moita mortaldade , destrucción de colleitas e cidades . A guerra foi gañada por Francia e como personaxe especial destacou Xoana de Arco , que liberou o centro de Francia de tropas inglesas , pero traizoada polos borgoñeses que eran aliados de Inglaterra foi condenada á fogueira por herexe por vestir pantalóns e tamén por ser acusada de bruxería . Foi canonizada polo Papa no ano 1920 como santa e hoxe é a patroa de Francia.


- Revoltas campesiñas;foron enfrontamentos entre os campesiños e os señores feudais como protestas polos intentos destes de aumentar os impostos debido ós descensos de ingresos polo abandono das terras por falta de xente debido ós efectos da peste negra.
Destacan en Galiza a Revolta Irmandiña que se iniciaron no 1431 cunha revolta encabezada por Roi Xordo ,que asaltaron e destruíron varios castelos , pero as tropas dos castelos dirixidas por Nuno Freire de Andrade apoiadas polo arcebispo de Santiago derrotaron ós irmandiños.
Máis adiante entre 1467 e 1469 houbo outra revolta irmandiña dirixida por Pedro Osorio,Alonso de Lanzós,Diego de Lemos que destruiron máis de 170 castelos . En principio os irmandiños impuxeron as súas demandas pero os nobres reorganizáronse e dirixidos por Pedro Álvarez de Soutomaior( Pedro Madruga) recupraron os territorios e someteron ós irmandiños.
Inventos e avances na Idade Media .-
- Mellora nas ferramentas agrícolas ; como arados de ferro para animais de tiro .
- Muíños de auga e de vento; que fixeron que se moese os cereais con máis facilidade.
- Sistemas novos de cultivo ; como a rotación dos cultivos , despois de dividir o terreo en tres follas na que cada ano quedaba unha sen traballar.
- O reloxo mecánico ; que se poñía nas torres das catedrais ou nos concellos e servía de referencia no tempo .
- A ferradura de cravos e a gadaña; para os cabalos e para cortar a herba
- O astrolabio e o compás;que permitía coñecer a altura dos astros e o compás marcaba a dirección norte-sur
- Os portolanos;mapas que sinalaban as costas e a localización dos portos.
Cultura e arte .-
· A lingua escrita é o latín que convive coas distintas linguas faladas
· Aparecen as primeiras lenguas romances ou lenguas derivadas do latin:o galego,castelán,catalán ,castelán,italiano,francés,…
· Aparecen as primeiras composicións escritas en lingua distinta ó latín , os Cantares de Xesta : Chansón de Roland ( provenzal ) , Poema do Mio Cid ( castelán ) , Os Nibelungos nas linguas xermánicas …
· A parece a imprenta no 1440, inventada polo alemán Gutenberg, que facilitou a difusión da cultura.
· A parecen as primeiras composicións poéticas en castelán ( jarchas ) e en galego-portugués ( cantigas )
· Xorden as primeiras universidades , impulsadas polos reis e pola igrexa . As primeiras na Península Ibérica foron a de Palencia e a de Salamanca.
Aparece unha nova arte en Europa a finais do s.XII , a arte gótica .( ver páx 88 e 89,92,93)

(Características :
· Arcos apuntados .
· Bóvedas de crucería , formadas por dous arcos que se cruzan en diagonal .
· O arcobotante ; que une as bóvedas cos piares exteriores.
· Planta de cruz latina , igual que o románico.
· Vidreiras de cores ; que lle dan máis luz ós edificios.
· Torres apuntadas e edificios máis altos que os románicos
· Contrafortes exteriores máis estilizados e menos anchos que no románico.
· Na pintura e na escultura , as figuras gañan en realismo e en naturalidade e expresan mellor as sensacións nas figuras que no románico .

No hay comentarios:

Publicar un comentario