jueves, 13 de septiembre de 2012

SOCIEDADE E CULTURA

 A SOCIEDADE E A CULTURA

Sociedade.- Grupo organizado de persoas que comparten unha parte xeográfica da terra , dependen unhas das outras e teñen que cumprir unhas normas de convivencia xerais .
Entre os elementos dunha sociedade , destacan:
  •   A lingua como sistema de comunicación.
  •   Organización económica ( traballo , tipo de propiedade,produción,distribución,…)
  •   Modo de organizar o poder político.
  •   Normas e leis que aseguran a orde social
  • As manifestacións artísticas.
  •  As crenzas relixiosas.
  • Entidades,organismos e institucións.
Cultura .- Estilo de vida dunha sociedade referida á forma de vivir, pensar ,actuar, sentir ,....  Na cultura inflúe : a lingua , a relixión , a forma de vestir ,de relacionarse , de traballar , costumes familiares ,.........
Tipos de sociedades . –
         Desde o punto de vista da súa evolución :
  Estáticas:Non trocan de hábitos e costumes durante varias xeracións . Ex:una tribo africana.
  Dinámicas:que permiten trocar de profesión ,  de forma de vida,de nivel económico,…Ex:a sociedade galega.

         Segundo a importancia dos sectores productivos :
  Tradicionais:Na que predomina o sector agrario ( sector primario ).Ex:sociedades africanas.
  Industriais: Na que predomina o sector industrial ( sector secundario ) e o sector de servicios( sector terciario )
         Polo seu desenvolvemento económico :
  Subdesenvolvidas: Que teñen pouca industria e poucos servizos.Exemplo:países africanos.
  Desenvolvidas:Que teñen industria e tecnoloxía.Exemplo:Francia.
         Pola súa organización política:
  Democráticos:Na que os cidadáns gozan de libertades e dereitos e elixen libremente os seus representantes.
  Non democráticas:No que os cidadáns non participan na eleccións dos seus representantes e existe una dictadura.
Areas culturais do mundo.-
  Área occidental:
Comprende as áreas norteamericana , a europea  e a austaliana.
Predominan as relixións cristianas:Protestante , no centro e norte de Europa,Australia e EE.UU.; católica ,sur de Europa e extendida por varios países e ortodoxa , polo leste de Europa.
As linguas dominantes son : francés,inglés, ruso e español

Área oriental:
Comprende a China,India,Xapón e Sudeste asiático.
Predominan as relixións induísta,budista e musulmana.
As linguas máis faladas son :chinés-mandarín,indonesio,hindú, tai,vietnamita,…
  América latina:
Predominan a relixión cristiana – católica e lingua española e portuguesa.
  Área ártica:
Predominan tribus coma os lapóns e esquimós que teñen relixións e linguas propias.Estendidas polo Polo norte de Europa e América.

Área do Islam:
Norte de África e suroeste de Asia.Predomina a lingua árabe e a relixión islámica.
  África subsahariana:
Centro e Sur de África . Predominan relixións politeístas e as tribos teñen linguas propias.
  Área da Polinesia:
Linguas propias e distintas relixións.Esténdense polo continente oceánico.
Lingua e relixión.-
A lingua e o principal vehículo de comunicación entre as persoas e serve para que un individuo se identifique co grupo ,país, estado,..o que pertence. No mundo hai unas 6500 linguas.As máis faladas son:,chinés, inglés,español,francés,árabe e ruso.
Hai países que teñen máis dunha lingua como é o caso do Estado Español : español, galego, catalán  e eusquera.
A relixión é una forma de entender a vida, a morte ,as formas de relación entre os individuos dunha comunidade e unas normas de convivencia.Hai persoas que dubidan da existencia dun ser superior( agnósticos ) e outros que non cren en nada superior ( ateos )
As relixións máis antigas son as animistas que cren nos fenómenos naturais.Practícanas tribus africanas e americanas.
As relixións máis seguidas son : o cristianismo ( católicos,protestantes e ortodoxos), islamismo, budismo , hinduismo e xudeísmo.

Clases sociais .-

Nos países industrializados e desenrolados :
  • Clase alta ; Constitúena a xente con máis recursos económicos que gozan de riqueza e poder , viven en zonas residenciais  , posúen en xeral máis dunha vivenda e corresponde en xeral á : executivos de empresa , altos cargos políticos , banqueiros , donos de grandes empresas , deportistas e artistas de elite , aristocracia ,...............
  • Clase media ; fórmana xente que ten uns recursos económicos que lle permiten vivir ben pero sen facer grandes excesos económicos , viven xeralmente en pisos ou en zonas residenciais normais e corresponde a : médicos de familia , pequenos comerciantes , traballadores cualificados , ensinantes ,......
  • Clase obreira-baixa ; fórmana obreiros sen cualificar ,traballadores de pequenos talleres e persoas cunha situación laboral inestable , viven xeralmente en barrios afastados do centro da cidade en bloques de moitas vivendas  moitas veces de aluguer.
  • Clase marxinal ; formada per persoas en situación de paro e pobreza que sobreviven moitas veces dedicándose ó trafico de droga , á prostitución e á delincuencia.  Viven nas aforas das cidades en barrios marxinais .
Nos países pouco desenrolados :
  • Clase alta ; que controla unha parte importante da riqueza do país , formada por unha minoría que coincide moitas veces coa clase gobernante e cos donos de cantidade de terras .
  • Clase baixa ; constituída polo pobo que vive nunha gran situación de pobreza e moitas veces son posuidores de poucas cousas .

Transformacións sociais.-

              1 – A familia
                     Unha familia é un grupo de persoas que están unidos por un lazo de parentesco . Sempre foi unha institución básica da sociedade .
             Na actualidade houbo cambios importantes na familia como a diminución dos matrimonios relixiosos , o aumento da unión libre o aumento de divorcios e separacións e o  número de persoas que viven soas , por iso hoxe existen familias formadas por parellas non casadas , por un so membro e os fillos ,parellas de feito ( de un so sexo ) ..........
            2 – O traballo
                  Unha das características hoxe con respecto ó mundo do traballo antes é a incorporación da muller ó mundo do traballo fóra  da casa o que fai que as tarefas da casa , antes femininas , hoxe se repartan entre o home e a muller o que fai que nos países desenrolados faga aumentar o número de garderías e residencias da terceira idade.
           3 – Conflictos sociais
                     Xorden moitas veces debido ás diferencias de intereses entre os donos de empresas por mellorar as ganancias recorrendo na maior parte das veces a pagar salarios baixos , a contratar ós traballadores  por espacios de tempo curtos e a aforrar cartos nas medidas anticontaminantes e de seguridade e os traballadores por mellorar as súas condicións de vida ,cobertura social e estabilidade nos postos de traballo  , o que fai que moitas veces haxa revoltas sociais como , folgas, manifestacións ,...
    A sociedade europea.-
É unha sociedade moi dinámica na que se producen constantes cambios.Pódense establecer unha serie de trazos comúns:
  Demografía:Ten unha poboación de 732 millons de habitantes,a raza maioritaria é a raza branca , aínda que cada vez toman máis corpo outras razas debido á inmigración.
  Organización política:Son sociedades democráticas , nas que predomina as repúblicas aínda que hai 7 monarquías.
  É o berce da cultura occidental.As taxas de alfabetización son altas e a educación está garantidas a tódolos cidadáns.
  Ademais da familia tradicional, predominan familias monoparentais, de parellas do mesmo sexo con fillos adoptados.
  A relixión predominante é a cristiana en todas as súas ramas: católica,protestante e ortodoxa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario