jueves, 13 de septiembre de 2012

RENACEMENTO E HUMANISMO

RENACEMENTO......................................................................................
Movemento cultural e artístico iniciado en Italia no s.XV e estendido por todo Europa no s.XVI.
Toma ó home como medida e referencia de tódalas cousas e tamén existe una admiración polas culturas clásicas ( Grecia e Roma ). Alcanzou tódalas actividades humanas orixinándose numerosos descubrimentos:
  • Mercator elaborou un novo mapa mundial.
  • Vesalio realizou diseccións que permitiron coñecer mellor o corpo humano.
Vesalio médico belga


  • Miguel Servet descubriu a circulación do sangue

Miguel Servet , médico aragonés queimado na fogueira pola Inquisición

  • Paracelso inventou novos fármacos.









  • Copérnico estableceu que o sol era o centro do universo , non a terra ( teoría heliocéntrica).

Copérnico(1473-1523)


  • Maquiavelo defendeu a autoridade suprema dos reis e xustificou o emprego de calesquera tipos de medios por parte do rei para acadar este fin.
Maquivelo



  • Leonardo da Vinci pintor, matemático naturista , músico , inventor ,…….

A Mona Lisa
HUMANISMO.....................................................................................
Corrente cultural que considera ó home como medida de referencia de todas as cousas durante os séculos XV e XVI . O humanismo caracterizouse por:
  • A exaltación dos escritores da antigüidade clásica ( Grecia e Roma).
  • A valoración literaria e científicados idiomas particulares de cada pobo: galego,castelán, francés ,.....
  • O desenvolvemento do razoamento para lograr un mellor coñecemento do home e do mundo.
  • O interese pola natureza e os seus fenómenos.
Como humanistas destacados destacan:Xoán Luís Vives,Tomás Moro , Erasmo de Rotterdam,...
REINADO DOS REIS CATÓLICOS
  1. Eran Isabel de Castela e Fernando de Aragón.Reinaron durante os séculos XV e XVI.
  2. Unificaron a Península Ibérica baixo o seu reinado,agás Portugal.
  3. Estableceron unha monarquía autoritaria,defenderon o catolicismo,someteron á nobreza e crearon no século XV a Inquisición para perseguir os delitos contra a fe católica.
  4. Puxeron fin á Reconquista fins do s.XV , conquistando o último reino árabe que quedaba ( reino de Granada), anexionaron Navarra ,someteron á nobreza galega impoñendo a castelán como única lingua. A todos os nobres que se enfrontaron a eles , desterráronos de Galiza e noutros casos exécutáronos ( Pardo de Cela)
  5. Promocionaron viaxes ás indias para competir cos portugueses intentando buscar rutas máis curtas.En 1492 descubriuse América buscando as indias
  6. Incorporaron ó seu imperio o reino de Nápoles( 1503 ) , Sardeña ( 1493 ) , Illas Canarias ( 1496 )


REINADO DE CARLOS I

  1. Reinou desde 1519- 1555 ( s.XVI) .Era neto dos reis Católicos e recibiu a coroa pola suposta incapacidade da filla dos Reis Católicos,Xoana a Tola.
  2. Conseguiu sofocar revoltas na Península contra o seu mandato : revoltas comuneras en Castela que se opuñan á política do rei .Os seus tres líderes : Padilla ,Bravo e Maldonado foron executados.
    Nas Balears e Valencia sofocaron as revoltas dos artesáns que protestaban polas malas condicións de vida ( movemento das xermanías)
  3. Guerras con Francia na que Carlos I asegurou o seu dominio sobre Italia
  4. Intentou someter ós protestantes no Imperio alemán pero fracasou e os príncipes alemáns estableceron o protestantismo nos seus dominios.
  5. Ante o peligro de expansión turca cara os territorios cristiáns , declarou a guerra ós turcos, tomou a cidade de Túnez pero foi de rrotado en Alxel.



    REINADO DE FELIPE II( 1527-1598 )

  1. Defensa e imposición do cristianismo,coa persecución dos herexes ou aqueles que se desviaban da relixión católica mediante a Inquisición.
  2. A rebelión dos Países Baixos impulsadas polos protestantes que foron duramente reprimidas polo rei pero que remataron coa independencia das provincias do norte.
  3. A sublevación dos moriscos de Granada , cando o rei prohibiu os seus costumes , idioma e cultura. Foron dominados e dispersados.
  4. Guerras con Francia , coa victoria na batalla de S.Quintín.
  5. Guerras contra os turcos para frear a súa expansión que rematou coa victoria na batalla de Lepanto.
  6. A Armada Invencible.Organizouse unha gran flota naval contra Inglaterra para frear o avance protestante , frear o ataque ós barcos por parte dos piratas ingleses e tamén para cortar o apoio ós protestantes de Flandes . Foi un auténtico fracaso, metade da flota foi destrozada polos ingleses e a outra metade polo temporal.
DESCUBRIMENTOS

  • Colón ( s XV ) , buscando unha roita máis corta cara as indias , descubriu América ( 1492 ). Realizou tres viaxes máis.
  • Bartomeu Dias e Vasco da Gama ( s XV) , portugueses que fixeron varias viaxes ás indias.
  • Magalhaes ( s. XVI) que intentou dar a volta ó mundo pero morreu antes de rematar
  • Xoán Sebastián Elcano ( S.XVI ), vasco , que completou a volta ó mundo.
  • Américo Vespucio (s. XVI ) , autor de relatos e mapas sobre novas terras.
  • Hernán Cortés ( s.SVI ) , descubre México.
  • Pizarro ( S.XVI ) , descubre o territorio inca ( Perú )
  • Valdivia ( S.XVI ) , descubre Chile.
  • Balboa ( S. XVI ) descubre o Pacífico.
  • Xoán de Garai ( S.XVI ) , descubre Florida.
  • Álvaro de Mendaña ,galego, (S.XVI ) descubre varias illas.
  • Sarmiento de Gamboa , galego, ( S. XVI ) ,viaxa desde Perú a España polo estreito de Magalhaes
  • Os irmáns García Nodal , galegos , ( S. XVI ) ,percorren todo América do Sur pola costa.
REFORMA PROTESTANTE E CONTRARREFORMA
Martiño Lutero ( S.XVI ) monxe alemán xunto co suízo Calviño emprenden unha reforma da igrexa católica que non sería admitida polos dirixentes católicos o que daría lugar a unha división da igrexa . Aparecería a igrexa protestante ( evanxélica ) que se extendería polo norte e centro de Europa que establecería unhas diferencias:
IGREXA CATÓLICA
IGREXA PROTESTANTE
  • Para alcanzar a salvación, non basta a fe ,hai que facer boas obras.
  • Unicamente a fe pode salvar a persoa.
  • As fontes da fe son a Biblia , que so pode ser interpretada pola Igrexa que tamén establecerá a doctrina oficial.
  • As sagradas escrituras son a única fonte de fe e cada cristián pode interpretalas libremente
  • As indulxencias poden redimir os pecados.
  • As indulxencias non redimen os pecados cometidos.
  • Hai ceo para os bos,inferno para os malos e purgatorio para os que cumplan a medias.
  • O xusto vai ó ceo, o pecador ó inferno, non existe purgatorio.
  • Os sacramentos son sete.
  • Os sacramentos so son dous:bautismo e eucaristía.
  • A Virxe e os santos deben recibir culto
  • Debe suprimirse o culto á virxe e ós santos
  • O Papa nunca se trabuca , é o xefe da Igrexa cando fala de cousas de fe.Admítense as ordes relixiosas.
Os curas non poden casarse.
  • O Papa non ten poder absoluto.As ordes monásticas deben suprimirse.
Os curas poden casarse.

A Igrexa católicas aplicou estas normas no Concilio de Trento ( 1545 – 1563 ) .Chamouse Contrarreforma.
O fanatismo e intolerancia relixiosa tanto de católicos como de protestantes deu lugar a guerras pola relixión.
GALIZA NO S.XVI

  1. Creáronse as Xuntas do Reino , dividindo Galiza en sete provincias, cuias cabeceiras eran: Coruña , Betanzos, Santiago , Mondoñedo , Lugo ,Ourense e Tui.
  2. As rías de Ferrol e A Coruña convertéronse en base de abastecemento e porto de diversas armadas.A Armada Invencible partiu de A Coruña en 1588.
  3. A cidade de A Coruña e atacada polos ingleses en represalia ás accións da Armada Invencible. A frota inglesa foi mandada por Francis Drake pero a cidade resistiu grazas á defensa dos seus habitantes, destacando como dirixente a coruñesa María Pita.
  4. Predomina na economía unha agricultura de subsistencia.
  5. As cidades eran pequenas e tiñan escasa producción artesanal.
Parte da alta nobreza deixa Galiza para marcharse á corte real para desempeñar altos cargos na administración

No hay comentarios:

Publicar un comentario