jueves, 13 de septiembre de 2012

O ISLAM E A SÚA EXPANSIÓN







Orixes do Islam.-
Están na Península de Arabia no sudoeste de Asia no s. VII, cando Mahoma que era un mercader de caravanas comezou a predicar a existencia dun deus único ,chamado Alá a unha serie de tribos que vivían en Arabia que eran na maior parte politeístas .
Comezou as súas predicacións na cidade de A Meca , pero foi bastante mal acollido e perseguido polo que tivo que fuxir a Medina no ano 622. Esta fuxida coñécese como a Héxira , que os musulmáns a consideran como o comezo do seu calendario .








Expansión do Islam .-
En Medina foi ben recibido e converteuse en xefe político e relixioso e uns anos despois conquistou A Meca e a súa morte , no ano 632 , toda a Península de Arabia era musulmana .
No século VIII , o Imperio musulmán dominaba gran parte de Asia , Norte de África e aPenínsula Ibérica .
O Imperio estaba gobernado por un califa que era o xefe político e militar e considerábase o sucesor de Mahoma . Estableceron a súa capital primeiro En Medina , máis tarde en Damasco e finalmente en Bagdag
Pararon a súa expansión en Europa ó ser derrotados despois de cruzar os Perineos polo exército franco mandado por Carlos Martel .





Características da relixión musulmana .-
- Profesión de fe ; todo musulmán debe crer de corazón que non hai máis deus que Alá .Tódalas revelacións divinas aparecen no Corán , libro sagrado dos musulmáns , que foi mandado escribir por Mahoma .
- Oración ritual ; deben rezar cinco veces ó día , sempre mirando para A Meca. Antes de rezar débense axeonllarse nunha superficie limpa , quitarse os zapatos e lavarse.Tódalas mesquitas , ( templo musulmán ) , teñen auga están orientadas en dirección cara A Meca e nunha das súas columnas estará o mihrab ou arco que sinala A Meca e tamén terán unhas torres chamadas , minaretes desde onde o muecín ( convocador da oración ) chamará ós fieis .
- Esmola ; Dar cartos para os musulmáns pobres.
- Xaxún ; Non comer , beber nin realizar o acto sexual ó longo do mes de Ramadán desde o amencer ata o solpor .
- Peregrinar ; á cidade de A Meca ó menos unha vez na vida porque alí está a Kaaba que é un edificio en forma de cubo onde está unha pedra negra que foi entregada polo arcanxo S. Gabriel a Mahoma .
A palabra “Islam” significa obediencia á vontade e ás leis de Alá ; a palabra “musulmán” significa persoa que obedece á lei de Alá e “yihad” guerra santa contra os infieis.
Decadencia do imperio musulmán .-
A partir do s. VIII , o califato de Bagdag quedou dividido en varios califatos e o imperio quedou dividido e moitos reinos independentes entre eles o da Península Ibérica que se chamou , Al-Andalus. Ata hoxe a maior parte deses reinos mantiveron a relixión e a lingua comúns .
Os árabes na Península Ibérica .-
A civilización islámica chegou á Península Ibérica no s. VIII , debido ás loitas
internas da Hispania visigoda , conseguiron facerse donos de case toda ela en só sete anos .
Chamáronlle á Península Ibérica Al – Andalus e independizáronse do califato de Bagdag e crearon o califato de Córdoba e construíron grandes cidades e mostraron grandes avances en astronomía para orientar as mesquitas en dirección cara A Meca e tamén en agricultura , aproveitando mellor os solos para os cultivos e aclimatando novos cultivos como as laranxas , o arroz, as cenorias e o sucre .
Desde mediados do s. XI ata mediados do s.XIII , os reis cristiáns do norte da Península aproveitando as divisións musulmanas foron reconquistando a Península ata que no s. XV foron expulsados definitivamente .
Sociedade islámica .-
As cidades antigas islámicas son cidades sen planificar con rúas estreitas e retorcidas e moitas delas amuralladas ,que se chamaban , medinas nas que se atopa o zoco ou mercado e fóra de murallas os arrabaldes onde vivía a xente máis pobre .A fachada das casas é interior , dá á unpatio interior ,non á rúa .
Dentro das castes sociais destacan : - Os árabes ; que representan a caste privilexiada .
- Os muladís ; que son nativos dos territorios conquistados convertidos ó Islam .
- Os mozárabes , cristiáns que conservaron o seu culto e viviron en territorio baixo dominio musulmán
- Os xudeus ; que vivían nos seus propios barrios ou xuderías.


Alhambra de Granada
Arte e cultura .-
Nas súas representacións utilizan anacos de escritura do Corán e obxectos vexetais , xa que non debuxan seres animais nin persoas , liñas xeométricas que forman estrelas e polígonos , utilizan materiais como o xeso , o ladrillo e a madeira , arcos de ferradura e cúpulas ou cubertas a dúas augas.
Mezquita de Córdoba
Destacan na Península Ibérica a Alhambra de Granada e a mesquita de Córdoba .
Inventaron ou trouxeron cousas ata daquela descoñecidas como : a pólvora , o astrolabio
Astrolabio

para a navegación , os reloxos de sol , a aritmética , a álxebra e coñecementos de astronomía e medicina . Tamén cultivaron a literatura destacando unha serie de contos de influencia india : “ As mil e unha noite “

No hay comentarios:

Publicar un comentario