jueves, 13 de septiembre de 2012

O MUNDO DAS CIDADES




















  • A cidade.Características.-
    · Número de habitantes:hai mais habitantes nunha cidade que no rural.
    · A forma externa:organización de vivendas e edificios organizados ó longo de, rúas,plazas e edificios públicos.
    · O traballo dos seus habitantes: empregados fundamentalmente no sector terciario:oficinas,ocio,hostelería,…
    · Desempeña a función de intercambio comercial,instalación de industrias,centro político e comercial.
    · Forma parte dela un conxunto de un conxunto de edificios e locais destinados a comercio, banca, educación , sanidade,… e tamén mobiliario urbano como:semáforos, farolas,bancos,…
    · O ritmo de vida é máis acelerado , hai maior consumo e hai máis individualismo entre a poboación.
    Crecemento das cidades.


· Área metropolitana,formada por unha cidade e outras cidades ou vilas máis pequenas , independentes entre si ,próximas xeográficamente e que manteñen importantes relacións económicas e sociais.Ex: Madrid , Barcelona,..


· Connurbación,conxunto de duas cidades próximas e unidas fisicamente pero independentes entre elas.Ex:New York e New Jersey, Manchester e Birmingham,…
· Megalópole, territorios extensos nos que se inclúen cidades, areas metropolitanas e connurbacións que forman unha grande área urbanizada.Ex: Toquio (Xapón)
Os espazos da cidade.-
O conxunto de edificios, rúas ,prazas,espazos verdes ea súa distribución chámase trama urbana. Nesta estructura urbana pódese diferenciar:
· O casco antigo,nel atópanse a maior parte dos edificios históricos.É a parte da cidade construída antes da industrialización do s. XIX.
· O ensanche , é o resultado do crecemento urbano na época da industrialización dos s.XIX e XX.Construíronse ruas máis anchas e tiráronse moitas murallas e parte das cidades construídas antes.




· A periferia ,e a parte da cidade correspondente ó crecemento demográfico formada por barrios residenciais e industriais.
Tipos de cidades.-
1. Cidade preindustrial· É a parte da cidade desde as súas orixes ata o s. XIX. Hai cidades que teñen restos das civilizacións antigas( Grecia, Roma,Mesopotamia,…)
· Na Idade Media , construíronse murallas defensivas e as cidades recuperaron actividade comercial e artesanal con rúas estreitas,curtas e de forma irregular e con presencia de barrios diferenciados dependendo da relixión ou procedencia dos habitantes( xudeos, árabes,..)
· Na Idade modernas cidades experimentaron melloras.No s. XVI,XVII,XVIII contruíronse edificios mais grandes etamén prazas , avenidas e xardíns tamén grandes pazos e enormes templos e remodelación dos existentes e construíronse redes de sumidoiros,cemiterios, lavadoiros,…
2. Cidade industrial
· É a parte da cidade que corresponde ó crecemento provocado polo impacto da Revolución Industrial durante os séculos XIX e XX.
· Ten lugar un crecemento de poboación provocado polas posibilidades de buscar traballo nas fábricas.
· Creáronse ensanches de rúas para dar cabida ós novos medios de locomoción e ós novos habitantes.
· Creáronse barrios para dar cabida á xente obreira e en moitas ocasións tiráronse murallas e destruíronse restos históricos para facilitar ese crecemento.A clase acomodada seguiu a vivir no centro.
· Fóronse dotando ás cidades pouco a pouco de servizos:rúas pavimentadas,auga corrente, iluminación , recollida de lixo,transporte …,aínda que estes servizos moitas veces non chegaban ós barrios obreiros.
3. Cidade postindustrial· É a parte da cidade que corresponde a expansión producida na segunda metade do s. XX.
· A caracteristica fundamental é o continuo crecemento e expansión polas áreas próximas.
· Os cascos antiguos sofren un abandono polo desplazamento da poboación cara a periferia que experimenta unha forte expansión dando orixe ás áreas metropolitanas.
· As fábricas comezan a dasplazarse ás aforas das cidades , instalándose en parques empresariais e parques tecnolóxicos ben comunicados coa cidade.
· O encarecemento do prezo da vivenda fai que se vaia diferenciando a súa calidade polo poder adquisitivo das persoas.Cidades dos países subdesenvolvidosCaracterízanse por:
· Crecemento urbano moi alto , debido á chegada masiva de xente do campo é á alta natalidade dos seus habitantes. Debido ó seu baixo poder adquisitivo, abundan os barrios marxinais e o chavolismo.
· Fortes contrastes entre as luxosas vivendas e as construccións de chabolas que non teñen os mínimos servizos :alcantarillado,auga corrente,electricidade,…
· Caos urbanístico e de tráfico, debido ó crecemento desordenado e a falta de infrastructuras.
Funcións urbanas :
Comercial ;que é a orixe de moitas das cidades.
Ø Residencial; ofrece vivendas con servizos comúns para todos os habitantes.
Ø Industrial; con empresas que fan que aumente o número de habitantes.
Ø Política e administrativa ;nelas están os organismos polítcos e as oficinas para xestionar cousas.
Ø Servizos múltiples;bombeiros ,mediciña,asistencia á terceira idade,…
Ø Cultural; educación ,ocio, turismo,…
Xerarquía urbanav Metrópoles mundiais: aquelas que exercen unha influencia mundial debido a que se atopan os centros de decisión política,financieira,económica,….Ex:Nova York,Londres ,Toquio,Paris,…
v Metrópoles nacionais:que exercen esa influencia nun pais , como capital de estado, política, financieira,..Ex: Madrid ,Barcelona,…
v Metrópoles rexionais: que exercen a súa influencia sobre un área xeográfica ampla.Ex:Santiago,A Coruña, Vigo,…
v Metrópoles provinciais: capitais de provincia e de comarca. Ex: Lugo, Ourense,…
Actividades e vida nas cidadesü A construción de vivendas: a afluencia de poboación á cidade provoca a necesidade de vivendas.Cando a demanda de vivendas supera á oferta prodúcese un encarecemento da poboación.
ü Abastecemento de alimentos :Cómpre adicar espazos para almacenar( lonxas , mercados centrais )e lugares de venta como hipermercados e tendas.
ü Abastecemento de auga:a auga debe ser acondicionada para o consumo con potabilizadoras e conducida mediante canalizacións e despois depurala.
ü Enerxía eléctrica:ten que dispoñer dunha rede de potencia electrica para a iluminación pública,de vivendas, negocios,…
ü Transportes públicos e vías de comunicación:dada a abundante circulación de vehículos é necesario unha rede de estradas e de transporte público que recorra a cidade
ü Outros servizos:escolas infantis,zonas verdes, paseos,servizos sanitarios,educación, cultura, deporte , mobiliario público,….
ü Residuos: os habitantes xeran grandes cantidades de residuos: papel, alimentos,aparatos inservibles,…que deben ser tratados.

Problemas das grandes cidadeso Problemas de vivenda;moita xente non ten acceso por mor dos prezos o que fai que sexa necesario a construcción de vivendas de protección oficial ou vivendas sociais.
o Problemas de infraestructuras;escaseza de zonas verdes, escolas ,ambulatorios , recreativos,…
o Problemas de tráfico;como consecuencia do número de vehículos,falta de aparcamentos e deficiencia de estructuras.
o Problemas de delicuencia e marxinación;entre grupos sociais con poucos recursos e problemas económicos.
o Contaminación atmosférica; xerada pola emisión de gases procedentes dos vehículos,calefaccións e industrias.
o Contaminación acústica;orixinada polo ruído do tráfico rodado e aéreo, obras locais comerciais , ocio ,…
o Contaminación polos residuos; líquidos(desaugues ,sumidoiros,..), sólidos(lixo doméstico, residuos industriais…)
Planificación urbana
v Propietarios do solo; pretenden obter máis beneficios coa revalorización dos seus terreos intentando que sexan edificables.
v Constructores e inmobiliarias; tratan de lograr máis espazos edicables e construír grandes edificios.
v Os empresarios; prefiren os usos industriais do solo,máis barato que o uso industrial.
v Os cidadáns; tratan de defender os seus intereses para conseguir espazos dadicados a vivendas,equipamentos nrecreativos, culturais, sanitarios, educativos,…
v Os poderes públicos;que son os responsables da planificación urbana e de resolver conflictos de intereses
Proceso de Urbanización en Galiza e en EspañaCidade preindustrial

Comprende o período situado entre o s.II a .C , inicio da romanización e o s. XIX, o da industrialización. Unhas cidades teñen orixe romana ( Lugo , Mérida,Astorga…), outras orixe musulmán ( Córdoba, Toledo, Granada,…) e outras orixes cristiáns( Santiago,A Coruña, Valladolid …)
Eran cidades pequenas, rodeadas de murallas para a súa defensa e cun plano irregular
Cidade industrial
É a etapa comprendida entre o desenvolvemento industrial no século XIX ata fins do s.XX.
Destaca o crecemento urbano e o desprazamento dos campesiños cara as cidades e o desenvolvemento da industria.Destacan: Vigo, Barcelona , Madrid, Bilbao,…
Moitas murallas de cidades foron derrubadas , ensancháronse as rúas e construíronse barrios residenciais para a xente con menos recursos
Cidade postindustrial


Inicíase nos anos 1970-1975 coa reconversión industrial
A industria perde importancia e gaña poder os servizos ( turismo , comercio , novas tecnoloxías
As grandes cidades frearon o seu crecemento e apareceron cidades máis pequenas próximas as cidades grandes.
A escaseza de solo fai que a haxa falta de vivenda e apareza o chavolismo nas aforas das cidades.
A xerarquía urbana española e galegaEspañola…………………………………………………………………………………………………………………….Metrópoles nacionais; exercen unha influencia sobre o territorio , nelas están as principais sedes das empresas. Ex: Madrid e Barcelona
Metrópoles rexionais; cidades que contan con servizos de alto nivel e exercen unha influencia rexional . Ex: Valencia ,Sevilla,Zaragoza,….
Cidades Medias;son a maioría , teñen unha poboación de 50.000 a 100.000 habitantes.
Cidades pequenas e vilas;son aquelas que teñen menos de 50.000 habitantes. Son centros dunha comarca.
Galega…………………………………………………………………………………………………………………………………Dúas cidades destacadas;Vigo e A Coruña con influencia en toda a Comunidade.
Cinco cidades de tamaño medio; Lugo, Ourense , Santiago,Pontevedra,O Ferrol.
Cidades pequenas e vilas;que son cabeceiras de comarcas.Ex: Viveiro , Vilagarcía,Betanzos,O Carballiño…
A parroquia;formada por un agrupamento de aldea que comparten elementos comúns como a igrexa , cemiterio, festas,…
A aldea ;que o núcleo básico do asentamento da Galicia rural. Son varias casas agrupadas con poucos habitantes
Goberno das cidades e vilas§ Corporación municipal ;constituída polo alcalde e os concellais elexidos democráticamente nas eleccións municipais que se fan cada catro anos.
§ O alcalde/esa ; elexido polos concellais que costitúen o concello.
§ Comisión de goberno;grupo reducido de conselleiros que se encargan de solucionar asuntos que xurden de menor importancia.
§ Plenos; xuntanzas de traballo de toda a corporación , a que poden asistir os vecinos sin poder intervir nin opinar , que aproban ou rexeitan asuntos propostos pola comisión de goberno.
Outras instituciónsAsociación de veciños; organización de veciños independentes do concellos que se organizan para defender os problemas ou inquedanzas dun barrio , vila ou cidade pequeña , parroquia…..
Plan Xeral de Ordenación Municipal ( P.X.O.M.)É un instrumento para a ordenación do territorio do termo municipal. Ten que ser aprobado polo pleno municipal e polo gobernó da Comunidade Autónoma. Indica que solo serve para construír e de cantas alturas , cales son as zoas verdes, as zoas para industria e as zoas para edificios públicos ( ambulatorios, colexios, residencias,…), rúas, prazas,….

No hay comentarios:

Publicar un comentario