jueves, 13 de septiembre de 2012

O FEUDALISMO.O IMPERIO CAROLINXIO






O Imperio Carolinxio.- Alcanzou o máximo esplendor con Carlomagno ( 768 - 814 ) que intentou unificar o antigo Imperio Romano de Occidente baixo o seu mandato,chegando a estenderse polo centro e norte de Europa.
Á morte de Carlomagno o imperio quedou dividido en tres debido á herencia deixada por Carlomagno , o que fixo que o Imperio quedara debilitado.


O IMPERIO CAROLINXIO

  • Estableceu en Aquisgrán o centro de administración do imperio.
  • Organizou o imperio en condados( controladas por condes ) e marcas ( marqueses ), que eran territorios que estaban nas fronteiras do territorio e servían para vixiar e protexelo de posibles invasións.
  • A economía basábase na agricultura e a terra estaba en mans duns cantos señores que tiñan uns campesiños que traballaban para eles.
  • Estableceu como relixión única o cristianismo e obrigou a entregar a décima parte das colleitas á igrexa para o seu mantemento.
  • Favoreceu a actividade cultural coa creación das Escolas Palatinas na que traballaron os mellores sabios de Europa.

Idade Media .- Período da historia comprendido entre o fin do s.V ( caída do Imperio Romano de Occidente 476) e o s.XV ( descubrimento de América 1492 )
Época do feudalismo .- Na segunda metade da Idade Media desde o século IX ata o século XV por todo Europa.

Significado do feudalismo .- Debido á cantidade de pobreza existente , moitas persoas non eran donas de ningunha propiedade o que fixo que dentro dun reino pasasen a traballar terras da igrexa e dos nobres , chamados feudos , nos que estes tiñan capacidade para administrar xustiza , cobrar impostos , independentemente do rei .

A sociedade feudal .-
1. O rei

• Era a máxima autoridade , aínda que non se metía no goberno dos feudos .
• Vivía nun pazo ou nun castelo e tiña propiedades que traballaban campesiños e tiña escravos
• O s habitantes do seu reino eran súbditos e os nobres rendíanlle vasalaxe .
• Cando había guerras con outro reino , moitas veces solicitaba a axuda dos nobres que lle mandaban os seus cabaleiros .

2. Os nobres

• Eran donos de grandes extensións de terras , chamadas feudos , recibidas en herdanzas e tamén en conquistas nas guerras que eran galanos dos reis por axudarlles cando os chamaban .
• Vivían en castelos e dedicábanse a administrar o seu feudo , á caza , ós torneos ( especie de guerras ficticias que lles servían de adestramento ) , ás guerras e ás festas nos castelos .
O castelo tiña un valo interior e outro exterior entre os que había un foxo , moitas veces cheo de auga , e unidos por unha ponte levadiza . Á entrada estaba o patio de armas e á carón do valo interior as cabalerías e a vivenda dos escravos . Na parte inferior do castelo os celeiros , na primeira planta a sa onde se xuntaban os membros dos castelos e onde se facían as festas e despois estaba a torre de homenaxe onde estaban os cuartos e as ameas para defendelo e para mirar ( ver páx 191 )
• As mulleres dedicábanse á crianza e coidado dos fillos e á organizar o castelo .
• Tiñan terras traballadas directamente por eles ( reserva señorial ) para o que tiñan campesiños e escravos e lugares para a cazar e pescar e obter leña .
Outras terras tíñanas arrendadas ós campesiños (mansos) polo que recibían parte da colleita e os campesiños facían traballos na reserva señorial.
• Gardábanlle vasalaxe ó rei e xeralmente acudían á axuda deste cando o solicitaba en caso de ser atacado o reino ou nunha guerra . A cambio recibían máis terras para o seu feudo .
• A aspiración de calquera nobre era ser armado cabaleiro para poder ir á guerra . Para isto recibía instrucción no manexo de armas e na caza , cando xa estaba preparado recibía as armas e facía un xuramento de fidelidade , valentía e lealdade que o convertían en cabaleiro. As mulleres dedicábanse a criar e educar ós fillos a coidar o castelo e a rezar.

3. A igrexa

• A sociedade medieval era moi relixiosa e facía que Deus fose o centro de todas as cousas . Isto facía que a igrexa tivese moito prestixio e estivese presente na vida das persoas ( casamentos , vodas , enterros ,...)
• A maior parte da sociedade era analfabeta e cría en cousas extranaturais e bruxerías o que aproveitou a igrexa cristiá para aterrorizar a xente que dubidaba con castigos terribles que lle mandaría Deus o que fixo que a xente colaborase dando esmolas á igrexa e colaborando no mantemento do culto . Os reis e nobres cando lles pasaba algunha cousa boa doaban cousas de valor e terras ós conventos e igrexas . Isto fixo que a nobreza eclesiástica ( cardeais , bispos ,...) se fixese cunha grande cantidade de terras .
• Outra forma de mantelo culto e os dogmas da Igrexa foi a Inquisición , que era un tribunal que que xulgaba ós que se apartaban da doutrina da Igrexa acusándoos de herexes , que significaba : morte , perda de propiedade , tormento ou obrigatoriedade de facer algún sacrificio en honor á Igrexa .
• O alto clero estaba formado por cardeais , bispos , abades que posuían grandes cantidades de terra que eran traballadas por campesiños que pagaban unha renda por traballalas e facían traballos sen cobrar para as igrexas e mosteiros .
O resto do clero constituíano curas , que vivían nas parroquias e dedicábanse a dirixir o culto e monxas e monxes que vivían nos mosteiros e dedicábanse a rezar e traballar .

4. O campesiñado
• Vivían en aldeas situadas no feudo do señor. As súas casas eran pequenas e convivían xeralmente cos animais .
• Eran libres pero non tiñan propiedades traballaban as terras do castelo ou os mansos ( terras arrendadas polo castelo pola que unha parte dos cultivos eran para o castelo) Cando as colleitas eran boas , cos excedentes e con algún animal que vendían , mercaban ferramentas , calzados e outras cousas que lles facían falta e cando eran malas viña a fame e as enfermidades .
• Alimentábanse do que cultivaban e de animais que criaban, vestían roupa feita e tecida por eles e algunha que mercaban nas feiras .
• Os homes dedicábanse a traballar as terras e as mulleres ás cousas da casa , á crianza dos fillos e a axudarlle ó home nos traballos de forra da casa.

5. Os artesáns ou burgueseshttp://www.youtube.com/watch?v=1JmjIt9dIxI
• Chamábanlles así porque vivían nas cidades e dedicábanse nos seus obradoiros a fabricar obxectos artesanalmente .
• Vivían en casas que tiñan unha planta baixa que era onde estaba o obradoiro e na parte de arriba vivían eles . Xeralmente en cada rúa vivían os artesáns da mesma profesión . Había a rúa dos zapateiros , dos prateiros , dos albardeiros ,.......
• O que fabricaban vendíano nas feiras ós campesiños ou ós castelos ou traballaban por encarga .
• Estaban asociados en gremios que marcaban o prezo dos obxectos e tamén quen podía exercer a profesión . Un rapaz que quería aprender unha profesor traballaba cun artesán pagando e cando consideraban que xa sabía a profesión facíanlle unha proba chamada obra mestra na que demostraba que sabía a profesión e entonces xa podía ingresar no gremio . Había o gremio dos : canteiros , carpinteiros , zapateiros ,.....
• Os homes traballaban no obradoiro e as mulleres facían as cousas da casa ,criaban os fillos e axudábanlle ó home no obradoiro .

5 . Os escravos ou servos da gleba
• Vivían no castelo e eran propiedade do señor do castelo.
• Facían os peores traballos : limpeza , traballos no castelo ,traballo nas terras do castelo ,... e non eran libres e so tiñan dereito á alimentación . Para casarse tiñan que pedir permiso ó señor .







Camiño de Santiago .-

Orixes
Xunto con Roma e Xerusalén son os centros máis importantes da civilización cristiá . Ten a súa orixe no s.IX ( ano 820 ).
Un ermitán chamado Paio veu aparecer luces sobre un bosque e considerou que se trataba de sinais divinas e chamou ó bispo de Iria Flavia , Teodomiro que acudiu ó sitio e viu despois de limpar os matos que alí había , un pequeno edificio e no seu interior unha tumba e non dubidou que era a de Santiago ,apóstolo de Cristo que lle fora anunciado nunha revelación divina
Comunicou o achado ó rei Afonso II que mandou construír unha igrexa na honra de Santiago e a partir de aí moitos pelegríns do centro de Europa chegaron alí . Así se fundou a cidade de Santiago .

Motivos das peregrinacións • A forte relixiosidade na Idade Media .
• Para cumprir unha promesa a Deus .
• Por unha condena imposta no seu reino que lle servía para redimila
• Hoxe os motivos da peregrinacións son : culturais , turísticas e relixiosas

Características das peregrinacións

• No seu reino recibía un salvoconducto polo que podía pasar polos reinos e recibir pousada e ser curado nun hospital se o precisaba .
• A súa indumentaria era : un sombreiro para o sol , un caxato para defenderse dos salteadores e das feras salvaxes , unha capa para a auga e o frío , unha cabaza para a auga e unha bulsa para a comida .
• Cando chegaban a Santiago axeonllábanse ante o apóstolo , asistían á misa e recibían a Compostelá , que era un documento certificando que fixera o camiño , levaba colgada unha vieira e regresaba ó seu país
• O camiño máis transitado era o francés ,que atravesaba os reinos de Navarra , Castela , León e Galicia .

A arte románica .-

• Ten a súa orixe no s. XI e prolóngase ata a mediados do s. XII
• Utilízase para a construcción de igrexas , catedrais , mosteiros e pazos .
• Chámase románico porque utilizan arcos que utilizaban os romanos na construcción .
• Destacan os arcos de medio punto , os contrafortes exteriores , poucas fiestras nos edificios e pouca luz e as plantas dos edificios en forma de cruz . Destaca a catedral de Santiago de Compostela
• As esculturas e pinturas son de motivo relixioso con figuras deformadas e sinxelas que servían para ensinarlle ó pobo a doutrina cristiá a través das imaxes .








No hay comentarios:

Publicar un comentario